O venres, 31 de marzo, fixemos unha saída á Praza de Abastos.
Despois dun curto paseo, pasando pola igrexa, chegamos.
Alí, ademais dos postos de peixe, carne, froita e verdura, vimos dúas lampreas vivas.
Explicáronnos que as lampreas teñen máis anos que os dinosauros, que teñen moitos dentes pero non morden, que a súa boca é coma unha ventosa coa que se agarran ó fondo do río, ou a outros animais, dos que se alimenta cando está no mar, por exemplo o tabeirón.
A arte de pesca empregada para a captura da lamprea no noso río Ulla ó seu paso por Pontecesures é o butrón.
GRAZAS A TOD@S @S QUE COLABORARON NESTA ACTIVIDADE TAN INTERESANTE!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario