martes, 21 de xuño de 2016

GRADUACIÓN 13/16

Queridas familias:
                            Estes días, andivemos todos e todas, un pouco nerviosos/as, pensando na excursión de fin de curso, ensaiando e preparando sorpresas para a graduación dos vosos fillos e as vosas fillas, os meus nenos e as miñas nenas, este curso.
                           Moitas grazas pola vosa colaboración e por acompañarme nesta tarefa tan gratificante, a do ensino. Grazas polo esforzo e  tamén polos agasallos, pero sobre todo polo agarimo recibido. 






ESTA É A NOSA ACTUACIÓN.



 




De público están as nosas familias, os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de 3 e 4 anos de Educación Infantil e 1º de Primaria.


 




Grazas a BERENA, a nosa mestra en 3 e 4 anos, por visitarnos ao longo do curso e por acompañarnos neste día tan importante para nós e para ela.



 




Grazas a PATRI e ANA, que foron as que nos ensaiaron.


 


  



  Grazas aos que dun xeito ou doutro fixeron posible esta graduación.


MOITAS GRAZAS!!!
 

domingo, 19 de xuño de 2016

APÍPOLIS

O día 13 de Xuño fomos de excursión de fin de curso a APÍPOLIS.

                            
                                         APIARIO


 Visitamos a exposición sobre as abellas.



   









             Coa cera fixemos unha vela.


      


 Probamos o mel e a jalea e fixemos unhas ricas galletas de mel, cantando a receita.









 Despois fomos ao apiario perfectamente equipados.








      


 Aquí estamos esperando nos cambios de taller.












Despois de comer, xogamos e cantamos cancións divertidas cos monitores e con nenos e nenas de outro colexio.





                                                                                                            
 



 Ás cinco da tarde recolleunos o autobús e marchamos coas nosas velas, as nosas galletas e os nosos tarriños de mel.
         FOI UN DÍA ESTUPENDO!!!!!!!!                                                                                                       

xoves, 9 de xuño de 2016