domingo, 26 de febreiro de 2017

E MAIS ENTROIDO.



O venres, 24 de febreiro, fixemos o desfile e as actuacións de entroido, adicadas este ano ao teatro, no polideportivo do noso colexio, o C.P.I.de Pontecesures. Participamos todos: E.I., E.P. e E.S.O. Estaban convidadas as nosas familias.








 Na nosa actuación estivemos mesturados cos compañeiros/as de 4 e 5 anos.





Bailamos cancións do musical" Mamma Mía" de ABBA.





O martes pola tarde, as nosas familias foron ao colexio para participar coas nosas mestras nun taller de entroido. Moitas grazas ás que asistiron e ás que non puideron ir. O resultado do seu traballo foron estes disfraces que tanto nos gustaron!!!!!!!!!!!





GRAZAS A TODOS/AS OS/AS QUE FIXERON POSIBLE ESTA FESTA DE ENTROIDO.

sábado, 25 de febreiro de 2017

ENTROIDO...


Esta semana fixemos o mandado do MECO. O xoves foi o último día e viñemos disfrazados da casa, sen mercar.







ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN OS NOSOS DISFRACES!!!!!!!!!!!!!

luns, 6 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da paz fixemos dous murais diferentes coas nosas mans, un para o corredor de E. I. no que participamos E.I. e 1ºde Primaria e outro para o corredor de Primaria no que participamos E.I.,E.P.e E.S.O.
               





Este é o noso xeito de decir que queremos paz e acollida en tódolos países do mundo.


                              









Tamén participamos nun videoclip cos nosos compañeiros e as  nosas compañeiras de E.I.,1º e 2º de Primaria. Podedes velo en: NPI5sHKfvZM.