luns, 20 de marzo de 2017

PRIMAVERA






Despois de moitos días de sol e calor neste mes de marzo, hoxe,  chegou a primavera cun ceo gris.




O xoves, no recreo, vimos moitas abellas no romeu, buscando pole nas súas flores, para facer mel.


 Con tan bo tempo, fixemos un percorrido polo recinto escolar, para observar os cambios que a primavera fixo nas plantas, fixándonos, máis aínda, nas que quedaron sen follas durante o inverno.





A semana pasada na clase, aprendemos o refrán: "Cando marzo maiea, maio marcea".




A VER SE SE CUMPLE OU NON!!!!!!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario