xoves, 12 de marzo de 2015

PONTECESURES. RÍO ULLA.


O día 6 de Marzo fomos de paseo ata o río Ulla.
Pasamos pola ponte elevada



 e chegamos á igrexa.





Despois, pasando polo mercadiño fomos á estación do tren. Alí vimos un tren de mercancías e outro de viaxeiros.




Descansamos un pouco merendando ricas galletas.


 








Xa descansados, camiñamos ata chegar á Praza de Abastos e vimos os postos de carne, pescado, froitas e verduras.Tamén había dúas lampreas nun acuario.


Á saída, Sandra, a vendedora de churros, dóunos un. 




MOITAS GRAZAS!!

No río vimos como sacaban as redes de pesca coa lamprea dentro. É moi longa e a boca é coma unha ventosa coa que se agarra ás pedras do río.





 

 Outros nomes da lamprea son:lambepedras,peixe dos sete buratos,chupona de mar.

 NÓS VÉMOLAS ASÍ:









  A saída por Pontecesures gustóunos moito.

GRAZAS A TODOS E A TODAS!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario