domingo, 8 de marzo de 2015

DIA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro, con motivo da celebración do día escolar da paz e non violencia, E.I. e E.P. fixemos no ximnasio un acto conxunto: "lectura e reflexión sobre a paz", no que nenos/as de 1º a 4º de primaria falaron de actitudes que favorecen a paz e actitudes que a poñen en perigo, de dereitos dos nenos/as e de Malala (premio Nobel da Paz 2014). 

Os nenos/as de educación infantil ó remate desta lectura especial ensinámoslles a todos/as os nosos debuxos sobre os dereitos que todos os nenos/nenas deberían ter. Os alumnos/ as de 5º e 6º de primaria cantáronnos a canción "La luz que hay en ti" adaptada para este día. Tanto nos gustou que pedimos que nos cantaran outra vez. MOITAS GRAZAS!!!
                                                     
Ademáis, cada clase decorou unha pomba para colocar no exterior do colexio a modo de exposición.






ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario