Coa chegada da Pascua, Xenaro convidounos a comer pan con ovos, para recordar a tradición na que os padriños, no domingo de Pascua ou de Pascuilla, agasallaban aos seus afillad@s cun bolo con ovos, que se chamaba bolo de Pascua.
ESTABA RIQUÍSIMO!!!!!!!!!!
GRAZAS, XENARO, POR ESTA MERENDA QUE TANTO NOS GUSTOU!!!!!!!!!!!!!
Despois do recreo, con teacher Ana, fixemos 3 grupos,de 12 compañeir@s mesturad@s (3,4,5 anos), para atopar ovos de Pascua, seguindo pistas.
Os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de 5 anos leron as pistas, e tod@s xunt@s iamos en busca de máis e máis ata atopar os ovos de Pascua.
FOI MOI DIVERTIDO. GRAZAS, TEACHER ANA!!!!!!!!