Despois de moitos días de sol e calor neste mes de marzo, hoxe, chegou a primavera cun ceo gris.
O xoves, no recreo, vimos moitas abellas no romeu, buscando pole nas súas flores, para facer mel.
Con tan bo tempo, fixemos un percorrido polo recinto escolar, para observar os cambios que a primavera fixo nas plantas, fixándonos, máis aínda, nas que quedaron sen follas durante o inverno.
A semana pasada na clase, aprendemos o refrán: "Cando marzo maiea, maio marcea".
A VER SE SE CUMPLE OU NON!!!!!!!!
HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. ONTE TROUXEMOS ANACOS DE TEAS DAS NOSAS CASAS PARA FACER ENTRE TOD@S, UN TAPIZ, A PROPOSTA DO NOSO CONCELLO.
AS NOSAS MONITORAS VANNOS PREGUNTANDO POR QUÉ AS NOSAS MAMÁS OU NÓS MESM@S ELEXIMOS ESTAS TEAS...
E NÓS CONTESTAMOS: PORQUE LLE GUSTAN AS FLORES, OS CADROS, AS RAIAS, OS LUNARES, AS CORES(VERDE, ROSA, AZUL, AMARELA...)
TOD@S SOMOS DIFERENTES E TEMOS GUSTOS DIFERENTES, PERO CANDO SEXAMOS MAIORES TEMOS QUE TER AS MESMAS POSIBILIDADES DE ATOPAR UN TRABALLO E COBRAR O MESMO POR EL.
NA ESCOLA APRENDEMOS QUE NON HAI CORES DE NENOS E CORES DE NENAS. AS CORES SON DE TOD@S.
TAMPOUCO HAI XOGUETES DE NENOS E DE NENAS. TOD@S XOGAMOS CON TODO E A TODO.
CANDO SEXAMOS MAIORES SEREMOS O QUE QUEIRAMOS SER: BOMBEIR@S, MAQUINISTAS,PILOTOS, ENFERMEIR@S, MÉDIC@S, PERRUQUEIR@S,
COCIÑEIR@S, POLICÍAS, MECÁNIC@S, ELECTRICISTAS, ABOGAD@S, BARRENDEIR@S, GRANXEIR@S, MINEIR@S, LABREG@S, PANADEIR@S, PAIAS@S.
GRAZAS ÁS NOSAS MONITORAS POR CONTAR CON NÓS PARA ESTA ACTIVIDADE.
TOD@S SOMOS DIFERENTES, PERO SOMOS IGUAIS PARA ELEXIR O QUE QUEREMOS SER.
NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA : GRAZAS, MAMÁS, POLO VOSO TRABALLO!!!!!!!!!