martes, 8 de novembro de 2016

MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosto. Aquí, estamos esperando para saír ó patio, co cesto para as castañas que fixemos na casa, coa axuda das nosas mamás e dos nosos papás. Na clase coloreamos esta castaña para facer unha diadema, coa axuda da nosa mestra.








Os mestres e as mestras que asaban as castañas botáronnos unhas poucas no cesto.









 Agora estamos ó sol comendo estas castañas asadas tan sabrosas.










Ó rematar, subimos ás clases e xogamos mesturados cos nenos e     as nenas de 4 e 5 anos, en grupos, a encestar castañas, ó baile da     castaña e á castaña por detrás.             


GRAZAS ÁS NOSAS MESTRAS E ÓS NOSOS MESTRES POR ESTE MAGOSTO!!!!!!                                                                                                          

Ningún comentario:

Publicar un comentario