martes, 8 de novembro de 2016

MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosto. Aquí, estamos esperando para saír ó patio, co cesto para as castañas que fixemos na casa, coa axuda das nosas mamás e dos nosos papás. Na clase coloreamos esta castaña para facer unha diadema, coa axuda da nosa mestra.








Os mestres e as mestras que asaban as castañas botáronnos unhas poucas no cesto.









 Agora estamos ó sol comendo estas castañas asadas tan sabrosas.










Ó rematar, subimos ás clases e xogamos mesturados cos nenos e     as nenas de 4 e 5 anos, en grupos, a encestar castañas, ó baile da     castaña e á castaña por detrás.             


GRAZAS ÁS NOSAS MESTRAS E ÓS NOSOS MESTRES POR ESTE MAGOSTO!!!!!!                                                                                                          

sábado, 5 de novembro de 2016

SAMAÍN




PARA CELEBRAR O SAMAÍN FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS. OS NOSOS CORREDORES ENCHÉRONNSE DE BRUXAS, PANTASMAS, ESQUELETOS, MORCEGOS E ARAÑAS NAS SÚAS TEAS.


















       QUÉ MEDO!!!!!!


CON PINCEL E PINTURA LARANXA PINTAMOS A NOSA CABAZA PARA LEVAR Á CASA.


















COS NOSOS COMPAÑEIROS E AS NOSAS COMPAÑEIRAS DE 4 ANOS FIXEMOS ARAÑAS CON GALLETAS OREO E REGALIZ.













CANDO REMATAMOS TODOS E TODAS DE FACELAS, COMÉMOLAS. 

















        QUÉ BOAS  ESTABAN!!!































PARA CELEBRAR O SAMAÍN COMO É DEBIDO VIÑEMOS DISFRAZADOS/AS.

                                                                                     








GRAZAS Ó PAPÁ DE XENARO VIMOS UN COGUMELO MOI GRANDE!!!!!!!!!!!!!!!!!!