Coa chegada do outono, saímos ao patio para ver os cambios que esta estación fai nas árbores.
Despois fomos ata o patio grande de Primaria para observar os carballos, pero non atopamos nin unha landra, os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de Primaria xa as colleran todas. O que sí atopamos son 3 cocos.
Na exposición do outono dos nosos compañeiros e as nosas compañeiras de 1º de Primaria vimos: mazás, uvas, castañas, pexegos, figos e noces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario