Queridas familias:
Estes días, andivemos todos e todas, un pouco nerviosos/as, pensando na excursión de fin de curso, ensaiando e preparando sorpresas para a graduación dos vosos fillos e as vosas fillas, os meus nenos e as miñas nenas, este curso.
Moitas grazas pola vosa colaboración e por acompañarme nesta tarefa tan gratificante, a do ensino. Grazas polo esforzo e tamén polos agasallos, pero sobre todo polo agarimo recibido.
ESTA É A NOSA ACTUACIÓN.
De público están as nosas familias, os nosos compañeiros e as nosas compañeiras de 3 e 4 anos de Educación Infantil e 1º de Primaria.
Grazas a BERENA, a nosa mestra en 3 e 4 anos, por visitarnos ao longo do curso e por acompañarnos neste día tan importante para nós e para ela.
Grazas a PATRI e ANA, que foron as que nos ensaiaron.
Grazas aos que dun xeito ou doutro fixeron posible esta graduación.
MOITAS GRAZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario