martes, 10 de novembro de 2015

MAGOSTO


No C. P. I. de Pontecesures celebramos hoxe o magosto. Tivemos clase antes do recreo e recibimos unha sorpresa moi agradable: a visita da nosa mestra de 3 e 4 anos.Tróuxonos un riquísimo biscoito que comemos rápidamente entre todos. Estes días estivemos traballando a emoción: "botar de menos" e cando a mestra de 5 anos nos preguntou a quen botabamos de menos cada un, respondemos un nome diferente. Pero cando nos preguntou a quen botabamos de menos todos xuntos; nenos, nenas  e mestra contestamos: ¡ A BERENA!. Así que ningunha sorpresa podería ser mellor.  

 












Despois do recreo comemos as sabrosas castañas asadas e disfrutamos xogando á castaña por detrás..., ao "pañuelo" e ao pasimisí.












mércores, 4 de novembro de 2015

SAMAÍN






Estes son os nosos debuxos do SAMAÍN. Pantasmas, cabazas, morcegos,vampiros, bruxas, momias, esqueletos, visitaron a nosa aula.


















Despois de ver a exposición de cabazas de E. Infantil e 1º de Primaria no edificio de Infantil, fixemos estas fotos.






Tamén visitamos o edificio de Primaria para ver as súas exposicións. 







 

Pola nosa participación e a dos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos nun vídeo de medo que grabou a profe Patri recibimos o premio dun conto por aula. Podedes velo en: www.blogoteca.com/ trasnoparoleiro.








 Así, con festa e agasallos remata o noso SAMAÍN.

 MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS !!!!