luns, 26 de outubro de 2015

OUTONO

Os primeiros pequechos e as  primeiras pequechas da aula de Bere continuamos medrando en Pontecesures e imos ser nós os que este curso 2015/2016 vos contemos como facemos algunhas actividades e celebracións.  

     
     Coa chegada do outono fixemos unha pequena exposición con froitos e froitas desta estación: figos, feixoas, kakis, castañas, noces, cabazas,millo, landras e un xirasol.















Na clase falamos moito sobre o outono e  pintamos con pinceis as nosas follas.




                  








 Tamén falamos de árbores froiteiras de folla perenne coma o limoeiro e de folla caduca coma o kaki.











Pero o outono non só cambia as cores das follas, tamén as de algunhas flores coma as hortensias.









Neste mes de outubro hai unha variedade de azalea que está en flor.














Aquí estamos visitando a exposición do outono das nosas compañeiras e dos nosos compañeiros de Primaria.








                               

                                 GUSTOUNOS MOITO !!!!!!!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario