luns, 26 de outubro de 2015

OS TRES PORQUIÑOS

O conto dos tres porquiños gústanos moito. Un día vimos a película na pizarra dixital e outro día a nosa mestra contounos o conto e fixo fotocopias para que poidamos levar á nosa casa os tres porquiños coloreados por nós.














A comida preferida dos porquiños son as landras. Hoxe fomos ao patio mais grande do colexio para observar os carballos e recoller algunhas para a nosa exposición de froitos e froitas do outono.











Pasámolo ben recollendo landras.



OUTONO

Os primeiros pequechos e as  primeiras pequechas da aula de Bere continuamos medrando en Pontecesures e imos ser nós os que este curso 2015/2016 vos contemos como facemos algunhas actividades e celebracións.  

     
     Coa chegada do outono fixemos unha pequena exposición con froitos e froitas desta estación: figos, feixoas, kakis, castañas, noces, cabazas,millo, landras e un xirasol.















Na clase falamos moito sobre o outono e  pintamos con pinceis as nosas follas.




                  








 Tamén falamos de árbores froiteiras de folla perenne coma o limoeiro e de folla caduca coma o kaki.











Pero o outono non só cambia as cores das follas, tamén as de algunhas flores coma as hortensias.









Neste mes de outubro hai unha variedade de azalea que está en flor.














Aquí estamos visitando a exposición do outono das nosas compañeiras e dos nosos compañeiros de Primaria.








                               

                                 GUSTOUNOS MOITO !!!!!!!