QUERIDAS FAMILIAS:
Despois de tres anos, o día 11 de xuño, as vosas nenas e os vosos nenos,
tamén miñas e meus, aínda que menos, graduáronse en Educación Infantil.
Estes últimos días foron moi emotivos para todas e para todos pois
estivemos ensaiando e preparando sorpresas para este día. Moitas grazas
pola vosa participación, polos agasallos e sobre todo polo esforzo e o
agarimo recibido. GRAZAS POR ENTENDER QUE ESTA PROFESIÓN É A MIÑA
VOCACIÓN.
Neste
blog son só a portavoz das vosas fillas e dos vosos fillos pero en este
momento non quería perder a ocasión de dirixirme a vós. GRAZAS POR ACOMPAÑARME NESTA TAREFA TAN GRATIFICANTE.
Esta é a nosa actuación
Estamos actuando cos nosos compañeiros de 5 anos B.
Os nosos compañeiros de 3 e 4 anos viñeron ver que ben o facemos.
Grazas
a todos os que colaboraron dun xeito ou doutro neste acto de
graduación, aos que asistiron e aos que non puideron asistir e sobre
todo a BERENA porque sin ela non sería posible.
BERENA QUERÉMOSTE E BOTARÉMOSTE DE MENOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario