Na saída de fin de curso fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae da cidade da Coruña.
Estamos esperando preparados para ir ao autobús.
Despois de moito tempo en autobús, chegamos á Coruña.
Dentro do acuario, Carla, a nosa monitora, contounos moitas cousas curiosas, por exemplo que o acuario é un submariño.
Vimos moitas variedades de animais mariños:anémonas, pepinillos, polbos,tabeiróns, rodaballos e ata mexilóns.
Fóra vimos como lle daban de comer ás focas.
Despois fomos andando á TORRE DE HÉRCULES.
Xa con moita fame, aínda que á saída do acuario comemos unhas ricas galletas, buscamos un sitio para comer e tomar un par de sabrosos xeados.
E POR FIN AO PARQUE A XOGAR!!!!