mércores, 13 de maio de 2015

CONTACONTOS

Este luns 11 de maio, cos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, fomos dando un paseo ata a biblioteca do concello para escoitar a historia do rato César contada por unha contacontos.


Ao chegar, uns sentámonos nas colchonetas e outros nas sillas.






Estivemos moi atentos e participamos moito!


O rato César dalle as grazas á gata Renata porque lle dixo que podía levar un  abrigo vermello que ninguén ía buscar.
A QUE LLE QUEDA BEN?
 

 Noutra parte da historia unha balea traga a diferentes animais aos que vai soltando de un en un facendo antes un atchís por cada un.


De volta ao colexio fixemos unhas fotos no MIRADOIRO DO PINO MANSO



FOI DIVERTIDO!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario