venres, 26 de maio de 2017

VERMES DA SEDA






OS NOSOS VERMES DA SEDA COMERON MOITAS FOLLAS DAS MOREIRAS DO NOSO PATIO.






CANDO MEDRARON E ENGORDARON MOITO EMPEZARON A FACER OS CASULOS COS SEUS FÍOS DE SEDA.





 TIVEMOS A SORTE DE VER COMO DUN CASULO GRANDE SAÍRON DÚAS BOLBORETAS. A PRIMEIRA SAÍU PRONTO PERO A SEGUNDA TARDOU EN SAÍR, AÍNDA QUE O INTENTABA UNHA E OUTRA VEZ.





CANDO SAÍU, DESCUBRIMOS POR QUÉ TARDABA TANTO. ERA MOITO MÁIS GRANDE QUE A OUTRA!!!!!!!!

 






METAMORFOSE É A TRANFORMACIÓN DO VERME DA SEDA, EN BOLBORETA. 
PARECE COUSA DE MAXIA!!!!!!!!

EDUCACIÓN VIAL



Onte aprendemos moito de educación vial, no noso colexio, coa DGT. Primeiro, na biblioteca do centro, escoitamos unha charla e vimos na PDI o conto de Tito e Dora.



E despois, no patio de Primaria: a  practicar todo o aprendido!!!!!!











             

    FOI MOI DIVERTIDO!!!!!!!!!!!!!

EXCURSIÓN

O MARTES, DÍA 23 DE MAIO, FOMOS DE EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Á GRANXA "EL KIRIKO" DE FORNELOS DE MONTES.












COS NOSOS MONITORES E AS NOSAS MONITORAS, TIVEMOS EXPLICACIÓN DOS CEREAIS E FIXÉMOLA MASA DO PAN NO TALLER.







 


DESPOIS VISITAMOS O AVIARIO E DESCUBRIMOS QUE OS ANIMAIS TAMÉN SE ALIMENTAN DE CEREAIS.











 













 

NO INVERNADOIRO E NA HORTA PRANTAMOS E REGAMOS.





 DESPOIS DE TANTO TRABALLAR: A COMER!!!.COMEMOS CROQUETAS E MACARRÓNS CON CARNE.















 POLA TARDE, DESPOIS DE REMATAR, MERENDAMOS UN BOCADILLO E MARCHAMOS PARA A CASA CO BOLO DE PAN QUE FIXEMOS NÓS.

 








          UN DÍA FANTÁSTICO!!!!!!!!!!!!!!!!!!