xoves, 22 de decembro de 2016

PANXOLIÑAS




 Alumnos/as de Secundaria, coa súa profe, viñeron á nosa clase para cantarnos unha panxoliña. Moitas grazas.


 


No ximnasio somos nós os que cantamos panxoliñas para os nosos mestres/as e os nosos compañeiros/as de Primaria.








Ensaiados por Chelo, a nosa mestra de música, cantamos:"Divervillancicos" e con Ana, a nosa mestra de inglés, cantamos: "wonderful, Christmas times".






 Rematadas as actuacións, botamos as nosas cartas no buzón real e os Reis Magos agasalláronnos cun cucurucho de chuches.
   





                                



QUÉ SORPRESA!!!


E agora, a ver se adiviñades quen está con nós e non se ve. A nosa mestra de psicomotricidade.

                                                                         Berena 



                                      

martes, 20 de decembro de 2016

ACTUACIÓN E FESTA






HOXE, NO XIMNASIO DO NOSO COLEXIO, DISFRUTAMOS DUNHA ACTUACIÓN ESPECIAL DO NOSO PAIASO FAVORITO, O NOSO CONSERXE, ELÍAS.
















TAMÉN DISFRUTAMOS DA NOSA PRIMEIRA FESTA DE NADAL NO COLEXIO COS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE 4 E 5 ANOS.















QUÉ DIVERTIDO!!!!!!!!!!

luns, 19 de decembro de 2016

NADAL




  Coa chegada do mes de Nadal puxémosnos a traballar para decorar os nosos corredores. Con anacos de cartón, rodillos e pintura verde, coloreamos as pólas do abeto.










 Fixemos unha bola para o mural de bolas de Infantil e Primaria.










 Con vasos de iogur e papel aluminio fixemos campaíñas.














Para decorar nas nosas casas pintamos con pincel unha bola e un reno e co dedo, un bastonciño.





























venres, 16 de decembro de 2016

TALLER DE COCIÑA


          


 INGREDIENTES:  PAN DE MOLDE, NOCILLA, QUEIXO, XAMÓN YORK, NUBES E CHOCOLATE PARA FUNDIR.



                           








DESPOIS DE UNTAR A NOCILLA NO PAN, PUXÉMOSLLE MAIS PAN PARA TAPALA. FIXEMOS O MESMO CO XAMÓN E O QUEIXO.
 










CON MOLDES EN FORMA DE ABETO, ESTRELA E  CORAZÓN, FIXEMOS UNHA DIVERTIDA MERENDA DE NADAL.








               E PARA REMATAR, UM!!!!! QUÉ RICO O   CHOCOLATE!!!!!!!!!!!!























ESTA ACTIVIDADE COMPARTÍMOLA COS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE 4 ANOS.

GRAZAS, MESTRAS!!!!!!!