Este venres, 11 de Marzo, saímos de paseo por Pontecesures.
Pasamos por diante da igrexa e cruzamos a vía para ir á estación.
Na estación comemos unhas ricas galletas e vimos dous trens de viaxeiros.
Despois de repoñer forzas seguimos andando ata o clube de piragüismo, onde vimos moitas canoas e piraguas.
Á saída disfrutamos dun tempo de xogo no parque.
Pasámolo moi ben pero xa toca volver ao colexio pasando antes pola praza de abastos.