luns, 1 de xuño de 2015

METAMORFOSE

BLAS TROUXO VERMES DA SEDA PARA A CLASE E VIMOS PRIMEIRO COMO COMÍAN MOITAS FOLLAS DE MOREIRA E DESPOIS COMO FACÍAN OS CASULOS. TAMÉN NOS TROUXO AS POLILLAS PORQUE SAÍRON ANTES NA SÚA CASA.    




ASÍ EMPEZA O VERME A FACER O SEU CASULO CO FÍO DE SEDA QUE SAE DA SÚA BOCA.




AS POLILLAS POÑEN OVOS DOS QUE NACERÁN NOVOS VERMES.

METAMORFOSE É A TRANSFORMACIÓN DO VERME EN POLILLA.









  MOITAS GRAZAS BLAS!!!




domingo, 31 de maio de 2015

OS VERMES DA SEDA

Na biblioteca do colexio déronnos unha charla sobre os vermes da seda, a seda e as súas utilidades.


A súa orixe está na CHINA.
 

Os casulos son de cores e tamaños diferentes porque pertencen a diferentes vermes. Os verdes son salvaxes. Os que temos nós nas caixas están domesticados, por eso as polillas non voan.

Vimos como se saca o fío e tocamos diferentes teas.





FOI MOI INTERESANTE!!!


luns, 25 de maio de 2015

O LEÓN

Entre todos os animais salvaxes, eleximos ser expertos no LEÓN.


Sabemos que ten o corpo cuberto de pelo e que se despraza por terra utilizando catro patas.


Alimentase de carne. É carnivoro.
 

 Nace do ventre da súa nai.É vivíparo.


Pertence ao grupo dos mamíferos porque as súas crías maman cando son pequenas e á familia dos felinos.








                                           

O RATO E O LEÓN

Nunha selva vivía un rato. Cando ía buscar comida atopouse atrapado.

O león queríao comer pero o rato convenceuno de que non o fixera, que algún día podería serlle útil.
O león pensaba que o rato non podería facer nada por él pero deixouno marchar. 


O rato pasou uns días no seu tobo ata que escoitou un ruxido. Saíu e atopou ao león atrapado nunha gran rede.

Comezou  a roer a rede e o león saíu. 
Marcharon xuntos antes de que chegasen os cazadores.


AQUEL FOI O COMEZO DUNHA FERMOSA AMIZADE.

xoves, 21 de maio de 2015

PLANTACIÓN

Para facer a nosa plantación de fabas ,trouxemos da casa un vaso de iogur,botámoslle terra e plantamos tres fabas: unha branca, outra castaña e outra raiada.








Despois regámolas con pouca auga uns días e esperamos que naceran.

 PRIMEIRA SEMANA






SEGUNDA SEMANA





 XA PODEMOS LEVALAS PARA A CASA!!!!!

MERENDA ESPECIAL


 A diario merendamos na clase antes de ir ao recreo. Hoxe fixemos unha merenda especial porque a compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos B e tamén porque foi unha merenda de campo no patio grande do noso colexio.













sábado, 16 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS

O 17 de Maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano o homenaxeado é o escritor e historiador pontevedrés FILGUEIRA VALVERDE. Tamén escribiu poemas para nenos e nenas. Nós apréndemos éste:

ESTE MES DE MAIO 
É O MES DAS FLORES 
EN QUE OS PAXARIÑOS 
NOS MOSTRAN OS SEUS AMORES.







                                                    O GALEGO É O NOSO IDIOMA.