medrandoenpontecesures
venres, 29 de abril de 2016
EXPERIMENTOS
Onte fomos á biblioteca do concello para pasalo en grande entre libros e experimentos, con motivo da celebración da semana da ciencia e o día do libro.
FOI MOI INTERESANTE E MOI DIVERTIDO!!!!
venres, 22 de abril de 2016
PLANTACIÓN
Na clase plantamos chícharos.
Naceron as plantas
Regámolas e
medraron
Plantamos tres sementes e a algúns naceronnos tres plantas, a outros dúas e a outros, unha.
PRIMAVERA
Despois dun mes da chegada da primavera, xa podemos observar os seus efectos nas árbores e arbustos do recinto do colexio.
O noso carballo xa está cheíño de follas novas. É altísimo.
As azaleas amósannos fermosas flores.
GÚSTANOS MOITO A PRIMAVERA!!!!!
Publicacións máis recentes
Publicacións máis antigas
Inicio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)